Derrota do Ravachol por 7-0 ante o Oviedo, líder invicto

Pontevedra
21 de marzo 2021

O Club Bádminton Ravachol volveuse a atopar coa derrota despois de visitar ao Oviedo e caer por un contundente 7-0 nun partido no que os pontevedreses non tiveron ningunha opción ante o líder invicto

Partido entre o Club Bádminton Ravachol e o Bádminton Rinconada Sevilla Cristina Saiz

O Club Bádminton Ravachol volveuse a atopar coa derrota despois de visitar ao Oviedo e caer por un contundente 7-0 nun partido no que os pontevedreses non tiveron ningunha opción ante o líder invicto.

O Ravachol comezou o duelo caendo en dobres mixto con Manuel Brea e Elena Fernández fronte Alberto Zapico e Claudia Leal (21-12, 21-11). En dobres masculino, Javier Suárez e Vicente Gázquez derrotaron a Alejandro Nogueira e Gabriel Fernández (21-12, 21-14). Nada puideron facer Ana Carbón e Elena Fernández en dobres feminino, que perderon por 21-10 e 21-16 con Lorena Usla e Claudia Leal.

Máis contundente foi a derrota de Raquel Miguens, que no seu duelo individual ante Kristina Dzhanhobekova cedeu un 21-7 e 21-4 que supuxo o 4-0 que sentenciaba a derrota do Ravachol.

Chegou a quenda de Gabriel Fernández, que tampouco puido gañar no seu enfrontamento invidual con Álvaro Leal e asinaba un 21-14 e 21-10. O mesmo ocorreu no encontro entre Lorena Uslé e Ana Carbón, onde a xogadora do Ravachol caeu nos dous sets por 21-9 e 21-14.

Xa no último partido e coa derrota asegurada, Manuel Brea disputou o duelo máis igualado da xornada pero terminou cedendo en ambos os sets fronte a Uriel Canjura (21-18, 21-11).