Desafíos opostos para Marín Futsal e Poio Pescamar

Marín
10 de novembro 2023

O comezo de liga para Marín Futsal e Poio Pescamar non está a ir como se esperaba, pero terán este sábado unha nova oportunidade para tentar enlazar unha boa dinámica que as vaia achegando aos poucos ao seu obxectivo

Partido de liga entre Poio Pescamar e Ourense Envialia na Seca Cristina Saiz

O comezo de liga para Marín Futsal e Poio Pescamar non está a ir como se esperaba, pero terán este sábado unha nova oportunidade para tentar enlazar unha boa dinámica que as vaia achegando aos poucos ao seu obxectivo.

As marinenses terán unha misión case imposible ante o Burela (18:45), un equipo que chega líder á cita e que aínda non sabe o que é perder.

E é que as naranjas, de oito partidos disputados, sumaron sete vitorias e un empate, anotando 28 goles e cedendo tan só 10, datos que lle converten no equipo menos goleado da categoría.

As cifras do Marín Futsal reflicten todo o contrario. Con cinco puntos na súa marcadora, o equipo adestrado por Ramiro Díaz entrou nunha dinámica negativa das que lle está custando saír, só gañou un encontro, empatou dous e perdeu cinco, situándose en 14 posición, só por diante do Torcal e Leganés.

Pola súa banda, o Poio Pescamar, recibirá na Seca a un rival que, a priori, resulta máis alcanzable: o Atlético Torcal (19:30).

Para a xogadora conserveira, Carla Ayensa, será "un partido máis independentemente de que o Torcal estea onde estea", admitiu en rolda de prensa. "É un dos ascendidos que dá moita guerra e traballa moi ben", por iso o Poio usará toda as súas armas para tentar quedar cos tres puntos e aos poucos engancharse na pelexa cos de arriba.

O equipo vermello chega á cita en oitava posición con 13 puntos no seu haber tras as catro vitorias logradas ante o seu público, tres derrotas e o empate da última fin de semana, mentres que as malagueñas só gañáronlle ao Marín Futsal e sitúanse en penúltima posición con tres puntos.