Do Waterpolo Pontevedra ao Club Natació Barcelona

Pontevedra
11 de setembro 2023

O xogador ferrolán Mario Paz, formado no Waterpolo Pontevedra desde 2021, formará parte a partir desta tempada dun histórico da natación nacional, o CN Barcelona, pasando a militar no seu equipo xuvenil

Mario Paz, nun partido co Waterpolo Pontevedra
Mario Paz, nun partido co Waterpolo Pontevedra / Club Waterpolo Pontevedra

Un dos novos talentos do Club Waterpolo Pontevedra fai as maletas para enrolarse nas filas dunha das mellores canteiras nacionais.

Mario Paz, que desde 2021 milita no club da Boa Vila, formará parte a próxima tempada do histórico Club Natació Barcelona.

O xogador ferrolán vai a militar no equipo xuvenil do CN Barcelona, nunha gran oportunidade para seguir evolucionando xunto a moitos dos mellores deportistas do estado.

Durante a súa etapa en Pontevedra, Mario Paz chegou a ser convocado en varias ocasións pola Real Federación Española de Natación para participar en concentracións de seguimento.