Inicio de liga con vitoria para o Waterpolo Pontevedra contra o Dos Hermanas (14-8)

Pontevedra
07 de outubro 2023

Acabaron as vacacións para o Club Waterpolo Pontevedra, que este sábado iniciou a súa segunda tempada en Primeira División Nacional Feminina recibindo na piscina da Escola Naval Militar de Marín o CW Dos Hermanas  

Partido de Primeira Nacional entre Waterpolo Pontevedra e CW Dos Hermanas
Partido de Primeira Nacional entre Waterpolo Pontevedra e CW Dos Hermanas /

Acabaron as vacacións para o Club Waterpolo Pontevedra, que este sábado iniciou a súa segunda tempada en Primeira División Nacional Feminina recibindo na piscina da Escola Naval Militar de Marín o CW Dos Hermanas.

Non era un rival fácil o conxunto sevillano e púxolle as cousas moi complicadas ás locais, que pese a acudir á cita con tan só un cambio, levaron o dominio no marcador en todo momento (7-4).

Despois do paso polos vestiarios, o Dos Hermanas apertou o resultado en ata dous goles, pero as pontevedresas demostraron o seu carácter e seguiron pelexando ata conseguir impoñerse a pesar de xogar os dous últimos minutos e medio cunha xogadora menos por ter dúas xogadoras con tres expulsións. Desta forma aumentaron a renda para asinar o seu mellor parcial (5-1) e sentenciar o encontro cun contundente 14-8.

Na próxima xornada, o CW Pontevedra desprazarase a terras catalás para medirse ao Santa Eulalia, que caeu no primeiro partido por 10-5 nte o CN Vallirana.

Consulta as estatísticas do partido nesta ligazón