Gran xornada deportiva a vivida no pavillón marinense da Raña coa gran final do Professional Taekwondo Open.
A terceira e última cita desta competición contou con dominio dos equipos galegos, sendo os mellores nas tres categorías (cadete, junior e senior).
Os deportistas galegos conseguiron un total de 44 medallas (23 ouros) confirmado á selección autonómica no alto da clasificación xeral por equipos.
Este circuíto profesional celebraba este ano a súa primeira edición co obxectivo de favorecer o espectáculo. Para iso habilitáronse pistas octogonais e espectáculo de luz e son na sesión da tarde-noite, durante as semifinais e finais.
Antes de Marín, o Professional Taekwondo Open contou con parada en Zamora e Torrevieja, baixo a organización da Universal Professional Taekwondo e as federacións autonómicas de Galicia, Castela-León e Valencia.