Edu Sousa, Alberto Domínguez e Roberto Pazos repiten como reclamos do campus de porteiros Azero

Pontevedra
12 de maio 2023

Tras varias edicións en Ribadumia, o campus de adestramento específico para porteiros regresa a Pontevedra, concretamente á Cidade Infantil de Príncipe Felipe, nunha edición que se celebrará do 26 ao 30 de xuño

Edu Sousa, nun adestramento co RC Deportivo RC Deportivo

Tras varias edicións en Ribadumia, o campus de adestramento específico para porteiros Keeper Camp Azero regresa a Pontevedra.

Faio concretamente á Cidade Infantil de Príncipe Felipe, nunha edición que se celebrará do 26 ao 30 de xuño en horario de 10.00 a 19.00 horas.

Os adestramentos, dirixidos a nenos e nenas de entre 7 e 18 anos, exponse como "unha semana de aprendizaxe e diversión con tempo para charlas técnicas, bañarse na piscina e realizar actividades complementarias", sinalan desde a organización.

Os xóvenes porteiros poderán rcibir consellos de porteiros profesionais como Edu Sousa (RC Deportivo), Alberto Domínguez (Coruxo FC) e Roberto Pazos (Arosa SC), ademais dos adestradores Dani Paseiro e Toño Pana.

Habilitáronse un total de 50 prazas, podendo formalizarse a inscrición en azeroporteros.jimdofree.com