Elena, do Poio Pescamar, elixida mellor porteira da Primeira Iberdrola 2025/26

Poio
15 de xullo 2026
Actualizado: 8:35

A gardameta segoviana obtivo o galardón a mellor porteira da tempada grazas aos votos dos afeccionados a través das canles oficiais de Futsal RFEF

Partido de Copa da Raíña entre Poio Pescamar e MRB Móstoles Futsal RFEF

O Poio Pescamar pode presumir de ter baixo paus á mellor porteira de toda a Primeira FS Iberdrola na tempada 2025/26, Elena González.

Este galardón chega tras asinar unha extraordinaria tempada con protagonismo en numerosos encontros e un destacado papel con España no Mundial de Filipinas.

De feito, o seu nome xa figurou entre as oito nomeadas a mellor porteira do mundo de 2025 nos prestixiosos premios que outorga JAKO Futsal Planet.

É por iso que a RFEF a incluíu como unha das cinco candidatas a este galardón nacional xunto a outras gardametas de máximo nivel como Bea Parrón, do Futsi Navalcarnero; Cristina García, do STV Roldán; Ana Eliza, do Burela Futsal; e Bia da Silva, do Melilla Torreblanca.

Os votos do público a través das canles oficiais de Futsal RFEF ditaron sentenza e decidiron que debía ser a porteira do Poio Pescamar quen recibise o premio a mellor gardameta da tempada.

Este galardón responde ao seu gran rendemento sobre a pista e explica, ademais, o gran momento de forma que atravesa Elena aos seus 27 anos de idade.

É tamén un signo inequívoco da gran saúde da que goza o conxunto poiense na súa portaría cunha gardameta de máximo nivel como é a segoviana e coa nova promesa Yanira, que segue os pasos da súa compañeira.

Ambas defenderon con moito acerto as redes da Seca durante esta tempada e seguirano facendo, polo menos, até o ano 2028.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora