O equipo Infantil Feminino do CD La Peña, á fase final do Campionato de España

Marín
02 de xuño 2025
Actualizado: 14:20

A fin de semana do 14 e 15 de xuño o conxunto marinense disputará as semifinais do campionato nacional

Equipo infantil feminino do CD La Peña que xogará a fase final do Campionato de España CD La Peña

O Club Deportivo La Peña está de parabén.

Na casa e ante a súa xente, o seu equipo infanfil feminino logrou o paso á fase final do Campionato de España de fútbol sala.

O conxunto marinense logrou o seu pase á fase decisiva no Pavillón SEI San Narciso, e fíxoo de maneira brillante contra o CD Cantera (Navarra), EMD La Solana (Estremadura) e UD Isleñas (Illas Baleares).

As xogadoras adestradas por Javi Pumar e Lorena Núñez pecharon a fase de grupos con 9 puntos de 9 posibles, vencendo os seus tres encontros de maneira solvente.

Así se reflicte na estatística, con 33 goles a favor e só 1 en contra.

En concreto La Peña gañou a EMD La Solana por 12-0, ao CD Cantera por 8-1 e a UD Isleñas por 13-0.

Desta forman pasarán a xogar polo título nacional nunha fase final a catro á que tamén se clasificaron Fútbol Sala Ripollet de Cataluña, FS Ciudad de Alcorcón de Madrid e AFS San Clemente de Castela-A
Mancha.

A gran cita para o CD La Peña terá lugar a fin de semana do 14 e 15 de xuño nunha sede aínda por confirmar.

O equipo marinense está composto por: Aylen Belliard, Sara Carballal, Alba Crespo, Antía Dasilva, Lía Garrido, Elena González, Noa González, Estrella Jiménez, Valeria Pazos, Noa Pazos, Aitana Reboredo e Alba Salgado.