Xa está aquí o Multisport de tríatlon: Coñece os horarios de todas as probas

Pontevedra
18 de xuño 2025

Pontevedra empeza a vivir a emoción do mellor tríatlon internacional cos Campionatos do Mundo Multideporte que arrincan este venres 20 de xuño

Mundial de Tríatlon Cross Elite, Sub-23 e Junior no Multisport 2019
Mundial de Tríatlon Cross Elite, Sub-23 e Junior no Multisport 2019 / Xan Xiadas

Os Campionatos do Mundo Multideporte de Pontevedra están xa ao virar a esquina, e a Boa Vila empeza a xa a sentir en cada recuncho o que supón unha competición que organiza por segunda vez.

Serán dez días de actividade constante, entre a deportiva e a programación paralela deseñada, destacando os mundiais de tríatlon de longa distancia, dúatlon, acuatlón, aquabike, dúatlon cros e tríatlon cros.

Máis aló da apertura da fan zone, exposición e zona de acreditacións este xoves 19, a actividade propiamente dita do Multisport arrincará este próximo venres 20 de xuño.

A primeira xornada farao cunha benvida en modo de desfile de nacións e a cerimonia de inauguración, previa a toda a competición que entre elite e grupos de idade congregará preto de 3.500 deportistas.

Estes son os horarios de cada unha das competicións e actos relacionados directamente coa actividade deportiva.

VENRES 20 DE XUÑO

  • 18.30 horas. Desfile de nacións entre A Ferreía e a Praza de España.
  • 19.30 horas. Praza de España. Cerimonia de inauguración do Multisport 2025.

 

SÁBADO 21 DE XUÑO

  • 8.00 horas. Dúatlon Sprint Grupos de Idade.
  • 12.15 horas. Mundial Júnior Dúatlon Masculino.
  • 12.20 horas. Mundial Júnior Dúatlon Feminino.
  • 15.45 horas. Mundial Dúatlon Elite/Sub23 Feminino.
  • 18.30 horas. Mundial Dúatlon Elite/Sub23 Masculino.

 

DOMINGO 22 DE XUÑO

  • 8.00 horas. Dúatlon Standard Grupos de Idade.
  • 14.00 horas. Mundial de paradúatlon.
  • 16.30. Mundial Remudas Mixtas Dúatlon Elite.
  • 16.35 horas. Mundial Remudas Mixtas Dúatlon Júnior.

 

MARTES 24 DE XUÑO (Verducido)

  • 12.30 horas. Mundial Tríatlon Cros Júnior Masculino.
  • 12.35 horas. Mundial Tríatlon Cros Júnior Feminino.
  • 12.38 horas. Mundial Paratríalon Cros.
  • 13.30 horas. Mundial Tríatlon Cros Masculino Elite/Sub23.
  • 13.35 horas. Mundial Tríatlon Cros Feminino Elite/Sub23.
  • 14.15 horas. Tríatlon Cros Grupos de Idade.

 

XOVES 26 DE XUÑO (Verducido)

  • 12.30 horas. Mundial Dúatlon Cros Júnior Masculino.
  • 12.33 horas. Mundial Dúatlon Cros Júnior Feminino.
  • 12.35 horas. Mundial Paradúalon Cros.
  • 12.50 horas. Mundial Dúatlon Cros Masculino Elite/Sub23.
  • 12.55 horas. Mundial Dúatlon Cros Feminino Elite/Sub23.
  • 13.45 horas. Dúatlon Cros Grupos de Idade.

 

VENRES 27 DE XUÑO

  • 15.00 horas. Mundial Acuatlón Grupos de Idade.
  • 18.45 horas. Mundial Auatlón Masculino Elite/Sub23/Júnior.
  • 18.50 horas. Mundial Auatlón Feminino Elite/Sub23/Júnior.
  • 18.55 horas. Mundial para-acuatlón.

 

SÁBADO 28 DE XUÑO

  • 11.15 horas. Carreira popular 'Trimparables'.

 

DOMINGO 29 DE XUÑO

  • 8.00 horas. Mundial Tríatlon Longa Distancia Elite Masculino.
  • 8.05 horas. Mundial Tríatlon Longa Distancia Elite Feminino.
  • 8.10 horas. Mundial Paratríatlon Longa Distancia.
  • 8.30 horas. Mundial Tríatlon Longa Distancia Grupos de Idade.
  • 9.30 horas. Mundial de Aquabike Grupos de idade.
  • 22.00 horas. Cerimonia Clausura e festa depedida Multisport (Praza de España).