Os Campionatos do Mundo Multideporte de Pontevedra están xa ao virar a esquina, e a Boa Vila empeza a xa a sentir en cada recuncho o que supón unha competición que organiza por segunda vez.
Serán dez días de actividade constante, entre a deportiva e a programación paralela deseñada, destacando os mundiais de tríatlon de longa distancia, dúatlon, acuatlón, aquabike, dúatlon cros e tríatlon cros.
Máis aló da apertura da fan zone, exposición e zona de acreditacións este xoves 19, a actividade propiamente dita do Multisport arrincará este próximo venres 20 de xuño.
A primeira xornada farao cunha benvida en modo de desfile de nacións e a cerimonia de inauguración, previa a toda a competición que entre elite e grupos de idade congregará preto de 3.500 deportistas.
Estes son os horarios de cada unha das competicións e actos relacionados directamente coa actividade deportiva.
VENRES 20 DE XUÑO
- 18.30 horas. Desfile de nacións entre A Ferreía e a Praza de España.
- 19.30 horas. Praza de España. Cerimonia de inauguración do Multisport 2025.
SÁBADO 21 DE XUÑO
- 8.00 horas. Dúatlon Sprint Grupos de Idade.
- 12.15 horas. Mundial Júnior Dúatlon Masculino.
- 12.20 horas. Mundial Júnior Dúatlon Feminino.
- 15.45 horas. Mundial Dúatlon Elite/Sub23 Feminino.
- 18.30 horas. Mundial Dúatlon Elite/Sub23 Masculino.
DOMINGO 22 DE XUÑO
- 8.00 horas. Dúatlon Standard Grupos de Idade.
- 14.00 horas. Mundial de paradúatlon.
- 16.30. Mundial Remudas Mixtas Dúatlon Elite.
- 16.35 horas. Mundial Remudas Mixtas Dúatlon Júnior.
MARTES 24 DE XUÑO (Verducido)
- 12.30 horas. Mundial Tríatlon Cros Júnior Masculino.
- 12.35 horas. Mundial Tríatlon Cros Júnior Feminino.
- 12.38 horas. Mundial Paratríalon Cros.
- 13.30 horas. Mundial Tríatlon Cros Masculino Elite/Sub23.
- 13.35 horas. Mundial Tríatlon Cros Feminino Elite/Sub23.
- 14.15 horas. Tríatlon Cros Grupos de Idade.
XOVES 26 DE XUÑO (Verducido)
- 12.30 horas. Mundial Dúatlon Cros Júnior Masculino.
- 12.33 horas. Mundial Dúatlon Cros Júnior Feminino.
- 12.35 horas. Mundial Paradúalon Cros.
- 12.50 horas. Mundial Dúatlon Cros Masculino Elite/Sub23.
- 12.55 horas. Mundial Dúatlon Cros Feminino Elite/Sub23.
- 13.45 horas. Dúatlon Cros Grupos de Idade.
VENRES 27 DE XUÑO
- 15.00 horas. Mundial Acuatlón Grupos de Idade.
- 18.45 horas. Mundial Auatlón Masculino Elite/Sub23/Júnior.
- 18.50 horas. Mundial Auatlón Feminino Elite/Sub23/Júnior.
- 18.55 horas. Mundial para-acuatlón.
SÁBADO 28 DE XUÑO
- 11.15 horas. Carreira popular 'Trimparables'.
DOMINGO 29 DE XUÑO
- 8.00 horas. Mundial Tríatlon Longa Distancia Elite Masculino.
- 8.05 horas. Mundial Tríatlon Longa Distancia Elite Feminino.
- 8.10 horas. Mundial Paratríatlon Longa Distancia.
- 8.30 horas. Mundial Tríatlon Longa Distancia Grupos de Idade.
- 9.30 horas. Mundial de Aquabike Grupos de idade.
- 22.00 horas. Cerimonia Clausura e festa depedida Multisport (Praza de España).