Esteban Capelo comprométese co Arosa para a próxima tempada

O Salnés
05 de xuño 2014

O dianteiro, procedente do ÿrdenes, convértese na primeira fichaxe do club arlequinado tras a renovación do corpo técnico encabezado por Piscis

Capelo (dereita) no partido entre Pontevedra e ÿrdenes, en Pasarón Diego Torrado

O dianteiro Esteban Capelo, que esta tempada militou nas filas do ÿrdenes, comprometeuse co Arosa para o próximo curso.

Capelo, que tamén xogou en equipos como o Pontevedra e o Negreira, convértese na primeira fichaxe do club arlequinado tras a renovación do corpo técnico encabezado por Piscis.

A intención do Arosa é pechar na maior brevidade posible a composición do plantel, polo que se espera confirmar nas próximas semanas as renovacións de varios futbolistas e tamén as incorporacións, para as que xa se iniciaron diversos contactos.