Foi chamado 'in extremis' para cubrir a lesión de Kauldi Odriozola, pero apenas se notou que só levaba uns días na dinámica da Selección.
Carlos Álvarez estreouse con boa nota no Campionato do Mundo de balonmán que se disputa en Croacia, Dinamarca e Noruega, a súa primeira gran competición internacional absoluta.
O extremo pontevedrés gozou de minutos no debut de España na competición fronte a Chile (31-22), nun encontro disputado no Unity Area de Oslo.
Álvarez respondeu con goles á confianza mostrada por Jordi Ribera.
Achegou catro tantos, sendo o segundo máximo goleador español tras Dani Fernández (5).
Todo nun partido no que Chile complicou ao combinado ibérico no inicio, chegando a dominar 9-11.
Reaccionou España para chegar ao descanso por diante no marcador (17-13) e confirmar o seu dominio nunha segunda metade na que que foi superior ao seu rival apoiado na defensa agrandando a renda até o 31-22 final.
Na segunda xornada do Mundial a Selección Española enfrontarase a Xapón (sábado 18), pechando a primeira fase fronte a un duro rival como Suecia (luns 20).