Exhibición de Miguel Rodríguez no Campionato de España de Ciclocrós

Pontevedra
13 de xaneiro 2025
Actualizado: 13:43

O corredor do Froiz logrou nas Pontes o título de campión de España Sub-23 tras dominar con moita autoridade a proba

Miguel Rodríguez, campión de España Sub-23 de Ciclocrós nas Pontes Federación Galega de Ciclismo

Título nacional para o Grupo Deportivo Supermercados Froiz no Campionato de España de Ciclocrós celebrado nas Pontes.

O seu corredor Miguel Rodríguez foi un dos grandes protagonistas da última xornada do campionato, ao dominar con moita autoridade a carreira de categoría sub-23.

Rodríguez fora medalla de bronce en 2022 e prata en 2023. 

Faltáballe un ouro que conseguiu no embarrado circutio das Pontes sen discusión.

Desde a primeira do cinco voltas tomou o mando e na segunda delas distanciouse dos seus perseguidores.

Venceu finalmente con 1 minuto e 15 segundos de vantaxe sobre o seu compañeiro de equipo, o valenciano Raúl Mira, con Gorka Corres na terceira posición.

Na proba feminina Aroa Otero conseguiu o mellor resultado galego ao ser a quinta mellor sub-23 e novena na xeral, a pesar de non ter o seu mellor día.

Non puido completar os bos resultados do Froiz Gonzalo Inguanzo, afectado por avarías mecánicas.