Federación Galega de Piragüismo e Xunta asinan o convenio para o mantemento do Pontillón do Castro

Pontevedra
18 de maio 2017

A Secretaría Xeral para o Deporte concedeu á Federación unha subvención de 105.000 euros, un 5% máis que a cantidade achegada hai un ano

Marta Míguez e Alfredo Bea asinan o convenio para o mantemento do Pontillón do Castro
Marta Míguez e Alfredo Bea asinan o convenio para o mantemento do Pontillón do Castro / Xunta de Galicia

O mantemento das instalacións da Pista de Piragüismo David Cal Pontillón do Castro de Verducido está asegurado ata final de ano grazas ao convenio rubricado pola Federación Galega de Piragüismo e a Secretaría Xeral para o Deporte.

En virtude do mesmo, con vixencia ata o próximo 31 de decembro, a Xunta concede unha subvención de 105.000 euros á Federación, un incremento dun 5% da cantidade achegada en 2016.

Este acordo, asinado pola secretaria xeral, Marta Míguez, e o presidente da Federación Galega, Alfredo Bea, chega despois de que problemas de liquidez impedisen á Federación adquirir gasoli para a caldeira que dota de auga quente as instalacións.

O convenio ten como obxectivo garantir as actividades de mantemento e conservación do complexo náutico, así como os gastos de funcionamento das instalacións derivadas da cesión outorgada pola Secretaría Xeral á Federación, acordo de cesión que se remonta ao ano 2010 coa finalidade de que o organismo federativo poida desenvolver no Pontillón do Castro parogramas de iniciación, tecnificación, renidmiento e de alto nivel para piragüistas galegos.