O Pavillón Municipal dos Deportes acolleu o tradicional festival de Nadal da escola municipal de atletismo.
Os pequenos atletas gozaron dunha xornada de exercicios e xogos xunto aos monitores da Sociedad Gimnástica, que tutela a escola.
Na exhibición puideron poñer en práctica moitas das cousas aprendidas desde o inicio do curso deportivo.
Con este evento a escola municipal despídese ata despois das festas do Nadal.