Fin das vacacións do Nadal para un Arxil que quere remontar o voo na Liga Challenge

Pontevedra
29 de decembro 2024

O Arxil non vive actualmente os seus mellores momentos e ocupa a última posición da liga Challenge, categoría na que debutaron esta tempada. As pontevedresas teñen a salvación a dúas vitorias

Partido entre Club Baloncesto Arxil e Domusa Teknik ISB no CGTD Cristina Saiz

Dous partidos réstanlle ao Arxil para completar a primeira volta de competición na liga Challenge, dous encontros nos que as pontevedresas queren romper a súa mala serie.

Para iso, as xogadoras arxilistas puxeron xa fin ás vacacións do Nadal e retomaron os adestramentos para preparar esta nova fase da tempada.

Os primeiros pasos serán recibir ao Barcelona, o sábado 4 de xaneiro ás 19:30 horas, no CGTD, e visitar sete días despois ao Castelló.

O equipo, tras unhas merecidas vacacións, xa regresou á pista. Fixérono coa presenza de todas as súas xogadoras, que se atopan en bo estado de forma.

O Arxil non vive actualmente os seus mellores momentos e ocupa a última posición da Liga Challenge, categoría na que debutaron esta tempada.

Acumula dez derrotas consecutivas e, do trece partidos disputados, tan só gañaron un, o que lles enfrontou ao Canoe.

As pontevedresas, nestes momentos, teñen a salvación a dúas vitorias, polo que terán que empregarse a fondo nas súas dous próximos partidos.

Precisamente, pecharán esta primeira volta enfrontándose a dous dos seus rivais directos pola permanencia, polo que estes encontros serán claves para o futuro inmediato do Arxil.