Formación de nivel para os adestradores da Gimnástica

Pontevedra
22 de setembro 2016

Seis atletas e adestradores do club pontevedrés participan no curso de adestrador nacional de atletismo nivel 3 que se está impartindo en Santiago de Compostela

Adestradores e atletas da Gimnástica que preparan o curso de adestrador de nivel 3 Sociedad Gimnástica

A Escola Nacional de Adestradores da Federación Española está a impartir estas semanas un curso de de adestrador nacional de atletismo de nivel 3 en Santiago de Compostela, oportunidade que aproveitou a Sociedad Gimnástica para potenciar a formación dos seus monitores e adestradores das diferentes categorías.

Ata seis atletas e adestradores do club pontevedrés participan no curso, co que esperan obter a máxima titulación nacional.

Manuel Hurtado, Álex Solla, Jesús Cortegoso, Víctor Gallego, David Ferrer e Pablo Díaz acudirán cada fin de semana á a capital galega durante os meses de setembro, outubro e inicio de novembro para recibir a formación necesaria.

O club pontevedrés aproveita a facilitade de contar cun curso deste nivel preto de casa para mellorar a formación dos seus integrantes e poder ofrecer así un mellor servizo aos atletas de todas as categorías, xa que tradicionalmente había que desprazarse a Madrid durante o verán para lograr esta titulación.