Ganas de desquite no Arxil no seu enfrontamento deste sábado co Miralvalle

Pontevedra
18 de xaneiro 2024

O encontro está previsto ás 18.30 horas do 20 de xaneiro no pavillón da cidade deportiva de Plasencia. Trátase do encontro da xornada 14 da Liga Feminina 2 no primeiro partido da segunda volta. En Pontevedra, o CB Arxil perdeu na prórroga nun choque moi intenso. A canle da FEB TV retransmitirá este clásico da categoría

Partido entre el Arxil y el Miralvalle en el CGTD

Comeza a segunda volta na Liga Feminina 2 e o CB Arxil deberá enfrontarse ao Hierros Cruz Miralvalle no pavillón da cidade deportiva de Plasencia o sábado 20, ás 18.30 horas.

Sera un encontro en que as pontevedresas tentarán lograr o desquite, despois da derrota sufrida no primeiro partido da tempada cando o Miralvalle levaba o duelo na prórroga nun partido intenso celebrado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

O obxectivo de ambos os equipos é lograr meterse nos postos de clasificación das eliminatorias de ascenso.

Desde o Arxil cualifican ao Miralvalle como un conxunto "moi rochoso que xoga en bloque". Varias das xogadores do equipo de Plasencia son xeradoras de xogo e determinantes nos momentos cruciais dos partidos.

O Miralvalle ocupa a segunda praza na clasificación con once vitorias e só dúas derrotas. 

O Arxil, que se atopa no terceiro posto da táboa, viaxa confiado en que a presión corresponde ao equipo local e as xogadoras do club pontevedrés esperan romper a mala serie que acompaña ás verdes nas súas visitas á cancha placentina.

O partido, considerado un clásico da categoría, será transmitido pola canle da FEB TV da Federación Española de Baloncesto