Positiva experiencia a sumada polo Club Gimsport de Pontevedra no Campionato de España Infantil de Karate celebrado en Logroño.
O club pontevedrés acudiu á cita con seis deportistas dentro da Selección Galega, e mesmo un deles chegou a subir ao podio cunha sobresaliente medalla de bronce.
Foi concretamente en categoría alevín Ariadna Álvarez. Venceu con claridade as súas tres primeiras roldas e aínda que caeu nas semifinais, conseguiu na repesca certificar a medalla.
Ademais, explica o Gimsport, Veras Quintás en kata alevín perdía 3-2 na primeira rolda a pesar de protagonizar unha bo kata e Axel Gil facía un gran kata en primeira rolda e gañaba 4 a 1 ao segundo clasificado do ranking nacional, pero en segunda rolda perdía contra o deportista que máis tarde sería medalla de bronce.
En kata infantil Borja González cedeu en primeira rolda por un axustado 3-2 contra o deportista que era segundo cabeza de serie, mentres que en kumite gañou as súas dous primeiros encontros e perdeu nos cuartos de final finalizando no sétimo posto.
Tamén en kata infantil Mateo Quintás superou as dúas primeiras roldas caendo en cuartos de final por un axustado 3-2.
Doutra banda Lara Álvarez era eliminada en primeira rolda na proba de kumite alevín.
Uns resultados que reforzan o traballo do Club Gimsport de cara ás súas próximas competicións, como a segunda xornada da Liga Galega de Karate que se disputará en Cedeira o 10 de maio.