O Arosa SC ten novo adestrador.
O elixido para o cargo, e para o reto de pelexar polo ascenso a Segunda RFEF, é Gonzalo Fernández 'Gonza'.
O técnico de Oia chega ao baquillo da Lomba despois dunha etapa no Alondras, pero cunha ampla experiencia non só en Terceira, xa que dirixiu o Coruxo en Segunda RFEF.
Mesmo viviu unha experiencia internacional no Wuhan Three Towns da Superliga chinesa.
Antes empezara a súa traxectoria en categorías de formación en equipos como o Val Miñor ou o RC Celta, dando o salto a categoría sénior co Choco.
"Vimos con moitas ganas de traballar, de facer moi ben as cosas e, sobre todo, con moitísima ilusión para que isto saia como todos queremos", asegurou o novo adestrador arosista.
O preparador foi presentado oficialmente este martes no estadio da Lomba.
"Sabemos que o escenario que temos diante é un reto moi importante", engadiu o adestrador recoñecendo "as posibilidades que presenta o Arosa dentro da categoría coa afección que ten, o campo que ten, porque xogar aquí cada 15 días é un luxo para a categoría".
Tras a súa benvida, asegura o club, Gonza xa traballa coa secretaría técnica na confección do plantel para a próxima tempada.