Guillermo García e Diego Noriega danlle ao Froiz catro medallas nos campionatos galegos de ciclismo

Pontevedra
20 de maio 2019

As Pontes e Cenlle acolleron durante a ponte festiva os campionatos de Galicia de ciclismo de fondo na estrada

Podio do Campionato Galego de Ciclismo
Podio do Campionato Galego de Ciclismo

As Pontes e Cenlle acolleron durante a ponte festiva os campionatos de Galicia de ciclismo de fondo na estrada, con nutrida representación de corredores do Grupo Deportivo Supermercados Froiz.

Dous deses ciclistas, Guillermo García e Diego González, repetiron presenza no podio tanto na loita contra o crono como na proba en roteiro.

As Pontes foi escenario primeiro da competición contrarreloxo, na que Diego González proclamouse campión en idade sub-23 con Guillermo García na segunda posición e a só 1 segundo de distancia.

Este domingo chegaba á súa vez a carreira en roteiro, coincidindo coa Volta ao Ribeiro. Así por unha banda estaba en xogo a volta e por outra, só para os ciclistas galegos, o título autonómico.

A proba adxudicouna o arxentino Julián Barrientos (Vigo-Rías Baixas), triunfo que se cimentou nunha fuga ao comezo dos 130 quilómetros de percorrido na que tamén se atopaba, entre outros, Juan Carlos Amil (Froiz).

Barrientos demostrou ser o máis forte da escapada e chegou a meta con escasa marxe sobre o pelotón, no que o ourensán Iván Feijóo gañou ao sprint o Campionato Gallego sub-23, con Guillermo García na segunda posición e Diego González en terceira.