Guinda ao plantel do Peixe Galego coa fichaxe do pívot estadounidense Jason Cain

Marín
26 de agosto 2016

O xogador, que prodece da liga angoleña, pero conta con experiencia en LEB Ouro xa que militou hai anos no Leyma Basquet Coruña. Coa súa chegada a directiva dá por pechado o equipo

Javi Llorente dirixindo ao Peixe Galego nun encontro de LEB Prata Diego Torrado

O Marín Peixe Galego xa ten ao pívot dominante e anotador que buscaba para pechar o seu plantel.

Trátase do estadounidense Jason Cain, xogador de 31 anos nado en Philadelphia aínda que con pasaporte comunitario e con 2,08 metros de altura. Comprométese co club 'peixe' ata final de tempada.

Cain, formado na Universidade de Virginia da NCAA, chegou a Europa para xogar na Bundesliga alemá, onde permació seis anos. Tras esa etapa pasou unha campaña no Leyma Basquet Coruña, adquirindo por tanto experiencia na Liga LEB Ouro na que agora xogará co Peixe Galego.

O seu bo ano na Coruña serviulle para asinar un bo contrato de dúas tempadas co Petro Luanda angoleño, club co que gañou a Copa de África.

Agora regresa a Europa e convértese na undécima e última peza do Peixe Galego para o seu debut na segunda categoría do baloncesto nacional, xa que coa súa incorporación o club confirma que deu por pechada a composición do equipo.