Honras á Selección Galega de Campo a través, con tres atletas da Gimnástica

Pontevedra
16 de febreiro 2026
Actualizado: 13:05

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, ofreceu este luns unha recepción oficial á Selección Galega que se proclamou recentemente campioa de España

Recepción da Xunta á Selección Galega de Campo a Través Sub-18 e Sub-20 Xunta de Galicia

A Selección Galega de Campo a través Sub-18 e Sub-20, flamante campioa de España na competición celebrada a finais do mes de xaneiro na localidade cordobesa de Almodóvar del Río, recibiu este luns unha homenaxe oficial da Xunta de Galicia.

As atletas foron recibidas polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o secretario xeral para o Deporte, Roberto García.

Entre as protagonistas dos grandes resultados galegos estaban tres atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra.

Por unha banda Paula Fernández colgouse o ouro Sub-18 no Campionato de España.

Ademais Sabela Martínez foi cuarta e María Estévez undécima sumando puntos decisivos para o ouro galego por equipos Sub-20.

A recepción oficial tivo lugar en San Caetano, en Santiago de Compostela.