Hugo García Souto, campión de España sub-16 de 3.000 metros en pista cuberta

Pontevedra
18 de marzo 2018

Incuestionable. Así foi o triunfo de Hugo García Souto, atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, no campionato de España sub16 que se celebrou este fin de semana na localidade catalá de Sabadell

Hugo García Souto, no campionato de España sub16 en pista cuberta
Hugo García Souto, no campionato de España sub16 en pista cuberta / Sociedad Gimnástica

Incuestionable. Así foi o triunfo de Hugo García Souto, atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, no campionato de España sub16 que se celebrou este fin de semana na localidade catalá de Sabadell.

O mozo, que partía coa mellor marca de todos os participantes na proba de 3.000 metros, rebaixou a súa propia marca persoal e con 9.00:56 proclamouse campión de España da súa categoría.
 
Liderou a carreira en todos os puntos intermedios, fixados en cada quilómetro. Foi cinco segundos máis rápido que o segundo clasificado, Andrés Palma (Cueva de Nerja- UMA). 

Con este triunfo, Hugo García Souto culminou unha excepcional tempada de inverno, onde entre outros logros, foi subcampión de España de cros e campión galego dos 3.000 metros.

Ademais, foi convocado pola Federación Española de Atletismo para a concentración de fondo que se celebrará en Semana Santa.