Hugo García Souto, subcampión de España sub16 nos 3.000 metros

Pontevedra
02 de xullo 2018

Hugo García Souto, atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, brillou con luz propia no campionato de España de atletismo sub16 que se celebrou esta fin de semana en Castelló

Hugo García Souto, no campionato de España sub16 de Castelló Sociedad Gimnástica

Hugo García Souto, atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, brillou con luz propia no campionato de España de atletismo sub16 que se celebrou esta fin de semana en Castelló.

O deportista proclamouse subcampión de España dos 3.000 metros lisos. Logrou colgar a medalla de prata tras finalizar segundo nunha apertada carreira. O vencedor foi Forsido Tabernero (Meliz Sport Club), que marcou un tempo de 8.56:31.

Foi 18 segundos máis rápido que Hugo García Souto, para o que os seus 8.56:49 é a súa mellor marca persoal.

Por parte da Gimnástica tamén competiu Marta Barragáns, que debutou no seu primeiro campionato de España en dúas probas, os 100 metros valas e o salto de lonxitude.

O horario do campionato quixo que ambas as probas practicamente coincidisen no tempo, o que non axudou á pontevedresa.

Correu a súa serie de 100 metros vala en 16,64 segundos, un tempo que non lle permitiu clasificarse para semifinais; e en salto de lonxitude realizou un mellor salto de 5.04 metros, o que lle outorgou a undécima praza.

Natalia Meaños, pola súa banda, foi a primeira atleta do club pontevedrés en participar nestes campionatos. Foi cuarta na súa semifinal de 300 metros lisos, cun tempo de 43,54 segundos, insuficiente para clasificarse para a final.