Intensa xornada no segundo día do Nacional Infantil e Júnior

Pontevedra
28 de febreiro 2014

Ponche Muíños volve a encherse na segunda xornada do Campionato de España. Os nadadores locais, lonxe dos postos de honra

Campionato de España Infantil e Júnior de natación Mónica Patxot

Segundo día de competición e segundo cheo no Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños, que acolle ata o domingo o Campionato de España Infantil e Júnior de natación.

Os mozos deportistas protagonizaron unha intensa xornada, dividida de novo entre as preliminares da mañá e as finais da quenda de tarde.

En canto á representación local, os nadadores do Galaico quedaron lonxe das medallas, cun Juan David Hernández que en categoría infantil finalizou nos postos 29 e 38 respectivamente nos 200 braza e os 400 estilos, sen poder meterse nas series finais.

Pola súa parte Inés Gómez, Águeda Cons e Lara Gómez Cortés nadaron os 800 libres.

As dúas primeiras, aínda en idade infantil, lograron o décimo terceiro e décimo noveno posto respectivamente, mentres Lara clasificou no posto 21 entre as júnior.