Irene Trabazo debuta en categoría júnior con triunfo e liderado na Copa de España de ciclocrós

Marín
07 de outubro 2014

A ciclista marinense impúxose na súa categoría na primeira proba da Copa de España, disputada a pasada fin de semana en Oviedo

Irene Trabazo no podio da primeira proba da Copa de España de Ciclocrós en Oviedo Real Federación Española de Ciclismo

A deportista do Club Ciclista Marín, Irene Trabazo, estreouse na súa nova categoría, a júnior, igual que deixou a cadete, como líder da Copa de España, neste caso de ciclocrós.

Trabazo debutou a pasada fin de semana en Oviedo con triunfo na primeira da proba da Copa de España desta disciplina, na que o pasado ano logrou os títulos cadetes de Copa Federación e Campionato de España, ademais da Copa de España de ciclismo en estrada.

A marinense realizou unha gran carreira en terras asturianas, entrando en liña de meta por diante da tamén galega Desireé Duarte e relagando á terceira praza á actual campioa da categoría, a asturiana Paula Díaz.

A Copa de España de Ciclocrós conta esta tempada con dez citas, sendo a próxima o día 26 de outubro na localidade vasca de Karrantza.