Os irmáns Chamosa, a polo reto europeo

Pontevedra
16 de maio 2025

Antía e Daniel Chamosa competirá o vindeiro domingo 18 de maio no Campionato de Europa de Marcha que se celebra na localidade checa de Podebrady

Antía Chamosa, no Campionato de España de Marcha en Ruta RFEA

Un reto continental para seguir crecendo e consolidarse entre a elite da marcha atlética internacional.

Antía e Daniel Chamosa afrontarán o vindeiro domingo 18 de maio un ilusinante Campionato de Europa de Marcha na localidade checa de Podebrady.

Á cita chegará Antía tras un brillante dobrete nos campionatos de España de 35 km (Marín) e 20 quilómetros (San Pedro de Pinatar).

A atleta pontevedresa da Gimnástica competirá nos 20 quilómetros marcha, distancia olímpica na que estableceu no último nacional unha nova marca galega (1:27:55) que supuña ademais a quinta mellor marca española da historia e a colocaba como líder continental do ano.

O certo é que Antía chegará á cita no noveno posto do ranking europeo e no 27 mundial, co obxectivo de seguir crecendo e, por que non, soñar cun bo resultado.

En canto a Dani Chamosa, o Europeo de Podebrady será a súa estrea no equipo nacional absoluto. Competirá nos 35 quilómetros, distancia na que conseguiu a medalla de prata no Campionato de España celebrado en Marín coa cuarta mellor marca estatal de sempre (2:29:18).

Dani será o primeiro en competir, nunha proba que arrincará ás 7.30 horas do domingo, mentres que a súa irmá arrincará a súa participación ás 12.35 horas.

Ambas as probas poderán seguirse en directo na canle de Youtube de European Athletics.