Jacobo Estors, destituído como técnico do equipo feminino do Leis

Pontevedra
07 de novembro 2014

A directiva presidida por José Antonio Neto fixo oficial a decisión este venres, dous días despois de cesar a catro directivos da entidade. O club xustifica a decisión na "perda de confianza así como os continuos conflitos cos novos xerentes da sección feminina"  

Jacobo Estors nun partido disputado no Pavillón Municipal

Seguen os cambios na estrutura do Leis Pontevedra Fútbol Sala. Se o pasado mércores o presidente da entidade, José Antonio Neto, decidía prescindir de catro directivos, tres deles fundadores do club, agora tocoulle a quenda ao adestrador do equipo feminino, Jacobo Estors, que foi destituído.

Así o comunicou oficialmente o Leis este venres alegando "perda de confianza así como continuos conflitos cos novos xerentes da sección feminina".

A etapa de Estors ao mando do equipo comezou en 2009, cuns anos nos que logrou consolidarse na Segunda División Feminina.

O seu sustituto no banco pontevedrés será David Muñoz, adestrador do Marcón que chegou ao club pontevedrés trala fusión de ambas entidades o pasado verán.

O seu primeiro partido ao mando disputarase leste mesmo sábado a domicilio ante o Chiloeches de Guadalajara.