Javier Gómez Noya e Teresa Portela, premios Deporte Galego 2015

Pontevedra
14 de abril 2016

O xurado decidiu ademais outorgar unha mención especial ao ximnasta ourensán Daniel Pérez, que milita nas fila do Club Ximnasia Pontevedra e que no pasado mundial de trampolín fixo historia ao conseguir un cuádruplo mortala>. Os premios entregaranse o próximo 12 de maio no Teatro Principal de Ourense

Chegada de Javi Gómez Noya ao aeroporto de Peinador
Chegada de Javi Gómez Noya ao aeroporto de Peinador / Mónica Patxot

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, fixo pública este xoves a lista de galardoados nos Premios Deporte Galego 2015, que recoñecen aos deportistas, persoas e institucións máis destacadas do ano no ámbito do deporte autonómico.

Os principais premios, ao mellor deportista masculino e mellor deportista feminina foron a parar ao pentacampeón do Mundo de tríatlon, Javier Gómez Noya, e á piragüista olímpica Teresa Portela.

Ademais un ximnasta do Club Ximnasta Pontevedra, o ourensán Daniel Pérez, será distinguido cunha mención especial tras facer historia no último mundial de trampolín cun cuádruplo mortal.

En canto ao resto de premiados, Susana Rodríguez (tríatlon) e Martín de la Puente (tenis) foron nomeados como os mellores deportistas con discapacidade; Adrián Ben (atletismo) e Miguel Alvariño (tiro con arco) como a deportistas revelación: Atlético Guardés (balonmán) e Club Ourense Baloncesto son os mellores clubs de 2015; Racing Club Chapela o mellor equipo con deportistas con discapacidade; Club Ciclista Chapela a mellor entidade en promoción da base; Rafael Vázquez López (badminton) o mellor adestrador; María Bautista Maestre (taekwondo) o mellor árbitro; Gran Premio de Marcha Cantones da Coruña o mellor evento; Abanca recibirá o premio ao patrocinio deportivo; e o sumplemento 'Más Deporte' de La Región o do mellor labor informativo.

Ademais os premios 'Galicia Saudable' son para o Concello de Arteixo, IES Mugardos e Alcer Coruña.

Os premios serán entregados o día 12 de maio no Teatro Principal de Ourense.