Jesús Arozamena e Diego Noriega defenden as cores do Súper Froiz en Badajoz

Pontevedra
24 de febreiro 2019

A proba sub-23 da Copa España finaliza cun décimo oitavo e un vixésimo quinto posto para o club pontevedrés no Cirtuíto Guadiana

O equipo do Súper Froiz na Copa de España GD Súper Froiz

O Grupo Deportivo Súper Froiz causou, esta fin de semana, boas sensacións na proba sub-23 da Copa de España, que se desenvolveu durante a mañá deste domingo no Circuíto Guadiana de Don Benito, Badajoz. 

Os ciclistas tiveron que percorrer unha distancia de 171 Km con catro voltas a unha mesma ruta con dificultade montañosa. Nesta ocasión, os deportistas do club pontevedrés, Jesús Arozamena e Diego Noriega, defenderon as cores do Froiz, finalizando en décimo oitava e vixésimo quinta posición, respectivamente.

Ademais, os de casa causaron unha boa impresión a nivel de equipo en carreira, estiveron moi atentos aos cortes e pelexaron por que non se producisen grandes diferenzas con respecto ao resto de participantes.

Finalmente, o primeiro deportista en cruzar a liña de meta foi Gerard Armillas, do club tarraconenses Team Compak. 

Con todo, as esperanzas de escalar nos postos da competición nacional céntranse nas próximas citas desta proba, que cada vez dá maiores mostras dun nivel deportivo máis alto.