O Teatro Principal acolleu este mércores a segunda de charlas-coloquio organizadas con motivo do 75 aniversario do Pontevedra Club de Fútbol.
Fíxoo coa presenza dunha das grandes figuras do fútbol mundial, o ex-xogador e adestrador arxentino Jorge Valdano, acompañado polo xornalista Manuel Jabois, o moderador das xornadas, Xabier Fortes, e a presidenta do club, Lupe Murillo.
Ante o público presente repasaron anécdotas dos seus anos de profesión e recomendaron tamén varios títulos de literatura relacionada co deporte rei.
Este xoves o ex-seleccionador nacional, Vicente Del Bosque, será o invitado de excepción dos coloquis granates, xunto co que fóra médico do club e agora o é do Celta e a Federación Española, Juan Cota, baixo o título de "o vestiario por dentro".