Vicente Del Bosque, a sinxeleza no mundo do fútbol

Pontevedra
14 de outubro 2016

O ex-seleccionador nacional foi o protagonista da terceira charla organizada polo aniversario do Pontevedra, xunto co médico Juan Cota, protagonista do ascenso granate de 2004 a Segunda División

Vicente Del Bosque e Juan Cota na terceira charla do aniversario do Pontevedra
Vicente Del Bosque e Juan Cota na terceira charla do aniversario do Pontevedra / Diego Torrado

O ex-seleccionador nacional, Vicente Del Bosque, foi o principal protagonista da terceira das chalas organizadas polo aniversario do Pontevedra Club de Fútbol.

Del Bosque explicou as súas experiencias como técnico e as claves do funcionamento dun vestiario profesional, especialmente no caso do combinado nacional na súa época gloriosa.

Tamén deixou algunha referencia ao club granate, aproveitando que o seu compañeiro de mesa era o médico Juan Cota, actualmente na Federación Española e o Celta de Vigo pero protagonista do ascenso do Pontevedra a Segunda División en 2004, ao formar parte daquel equipo adestrado por José Aurelio Gay.

O coloquio estaba dirixido polo xornalista Santiago Segurola, que este venres repite na última das charlas previstas xunto a Roberto Palomar e Ramón Besa.

Ademais a Finca Batacos acollerá desde as 22:00 horas a cea oficial do aniversario granate.

SERGA, COS XOGADORES DO HAI QUE ROELO

No medio dos actos do 75 aniversario do Pontevedra, un dos patrocinadores do club, Serga, recibiu a visita de varios xogadores históricos, da época do Hai Que Roelo.

Pola sede da empresa pasaron ex-fubolistas como Fuertes, Ceresuela ou Calleja, que tamén participan estes días nos actos organizados pola entidade granate.

Arquivado en