A grave lesión de xeonllo sufrido por Juanra no partido contra o Mérida caeu como un xerro de auga fría no Pontevedra Club de Fútbol.
O central sofre unha rotura competa do ligamento cruzado do seu xeonllo, doenza que non lle permitirá volver xogar esta tempada.
Deberá de feito pasar polo quirófano e afrontar unha longa recuperación de entre 6 e 8 meses unha vez operado.
Poucas horas despois de facerse público o alcance da lesión, foi o propio futbolista o que deixou unha mensaxe optimista a través das súas redes sociais.
"Non eliximos os golpes, pero si como volvemos", afirma Juanra.
O defensor asegura ademais que "o meu compromiso é volver máis forte, traballar en silencio, disciplina e loitar como sempre".
Unha actitude como a que defende sempre no terreo de xogo e que coa que xa conectara coa bancada de Pasarón a pesar de ser o seu primeiro ano no equipo.
"Agradezo cada mensaxe e cada xesto de ánimo. Nada detenme", conclúe o xogador do Pontevedra sobre o apoio recibido nas últimas horas.