Katya Calvar e Pablo Fernández, sen fortuna no Open de Serbia

Marín
01 de novembro 2016

Os deportistas do Mat's de Marín participaron a fin de semana en Belgrado no Open de Serbia de Taekwondo, de categoría G-1

Deportistas galegos no Open de Serbia de Taekwondo Federación Galega de Taekwondo

Ata Belgrado desprazáronse dous deportistas do Mat's de Marín para participar no Open de Serbia de Taekwondo, proba de categoría G-1.

Katya Calvar (-67 quilos) e Pablo Fernández (-87 quilos) non contaron con fortuna na competición.

No caso de Katya, quedou a un paso das medallas ao perder en cuartos de final ante a sueca Elin Johansson por 8-4. Antes a marinense derrotara á representante de Grecia (3-0) e posteriormente á italiana Cristina Gaspa (6-2).

Pola súa banda Pablo Fernández gañou ao representante de Italia Matteo Marjanovic (9-1) e perdeu en oitavos de final ante o esloveno Iván Trajkovic.

A representación galega en Serbia si conseguiu unha medalla. Foi para Adrián Pombo, do Natural Sport Riveira, ouro en -73 quilos na categoría junior.