Lanzadores como Gustavo Dacal e Frank Casañas transmiten a súa paixón polo atletismo en Caritel

Ponte Caldelas
28 de setembro 2023

O Club Atletismo Rías Baixas organizazó no vello campo de fútbol de Caritel, en Ponte Caldelas, unha exhibición de lanzamentos que contou coa presenza dun olímpico como Frank Casañas ou con Gustavo Dacal, todo un exemplo de superación e que agora se adestra para poder competir en categoría paralímpica

Exhibición de lanzamentos organizada polo Atletismo Rías Baixas en Caritel
Exhibición de lanzamentos organizada polo Atletismo Rías Baixas en Caritel / Concello de Ponte Caldelas

Os alumnos da Escola Municipal de Atletismo Gustavo Dacal de Ponte Caldelas, así como outros mozos do municipio, puideron compartir unha instructiva e divertida xornada no vello campo de fútbol de Caritel, convertida para a ocasión nunha pista improvisada de atletismo.

O Club Atletismo Rías Baixas organizou alí unha exhibición de lanzamentos con moitos dos seus atletas, con novas promesas que empezan a descatar e tamén con nomes importantes como o do olímpico Frank Casañas ou o local Gustavo Dacal, campión de España e lanzamento de xavelina en multiud de ocasións e que agora iniciou unha nova vida no deporte paralímpico tras quedar en cadeira de rodas por un grave problema médico cando residía en México.

Dacal, adestrador de atletismo titulado, precisamente acaparou moitas das miradas coa súa mostra de lanzamento adaptado e co seu exemplo de superación e de vitalidade para os xóvenes deportistas.

"Déronse cita en Caritel algúns dos mellores atletas do mundo, comandados polo noso campión Gustavo Dacal. En Ponte Caldelas hai canteira de atletismo", explicaba tras a exhibición o alcalde Andrés Díaz.