Laura del Castillo, nova responsable da base do Teucro

Pontevedra
20 de xuño 2017

O club teucrista confía na nova adestradora, ata agora a cargo do equipo infantil feminino, a coordinación de todas as categorías inferiores  

Laura del Castillo, nova coordinadora da base do Teucro
Laura del Castillo, nova coordinadora da base do Teucro / PontevedraViva

A Sociedad Deportiva Teucro decidiu confiar a coordinación de todas as súas categorías inferiores a Laura del Castillo.

A nova adestradora, ata agora a cargo do equipo infantil feminino, será a partir de agora a máxima responsable da base, contando para iso co apoio dos adestradores do primeiro equipo, Quique Domínguez e Luís Montes.

Laura del Castillo comezou a traballar como adestradora no Teucro na tempada 2012/2013, despois de 14 anos como xogadora do club. Desde entón, con só un pequeno parón por estudos, foi gañando importancia no corpo técnico.

Ademais da coordinación da base, a próxima tempada repetirá como adestradora do equipo infantil feminino, co que este ano alcanzou a primeira fase do Campionato de España, e tamén se fará cargo do equipo xuvenil feminino.