O Leis, máis lider tras vencer con autoridade o 5 Coruña

Pontevedra
24 de xaneiro 2026

O conxunto pontevedrés retomou este sábado a senda do triunfo e consolídase á fronte do seu grupo de Segunda B ante o duelo directo dos seus inmediatos perseguidores

Partido entre Leis Pontevedra e Atlético Benavente

Volta á senda do triunfo para o Exlabesa Leis Pontevedra, que se segue a afianzar como líder do seu grupo na Segunda B de Fútbol Sala.

Tras o seu empate da última jronada en Vilalba, o equipo adestrado por Santi Valladares impúxose este sábado con autoridade no Pavillón Municipal dos Deportes ao 5 Coruña FS (4-1).

Mosaab Sarghini estreou o marcador pontevedrés aos 5 minutos de xogo, e Aicardo un despois puña o 2-0.

Co marcador a favor chegouse ao descanso, e xa no segundo tempo chegaría o 3-0, obra de Carra nada máis reaunudarse o encontro.

O duelo parecía encarrilado ata que o 5 Coruña deulle algo de emoción receortando distancias a 8 minutos do final cun gol de Javier Puertas.

A vitoria con todo non correu perigo e o que chegou a pouco xa do final foi o definitivo 4-1 co segundo tanto de Carra.

Co triunfo o Leis dispárase no liderado até os 44 puntos cunha importante vantaxe sobre os seus inmediatos perseguidores, que esta xornada se medían ademais entre si.

Consulta aquí a acta do partido entre Leis Pontevedra e 5 Coruña.