Linnea Rosendal abandona o Arxil

Pontevedra
27 de maio 2020

A alero sueca disputou 21 partidos coa camiseta do Arxil cunha media de 8 puntos por encontro

Partido entre Arxil e Barakaldo no CGTD
Partido entre Arxil e Barakaldo no CGTD / Cristina Saiz

O Club Baloncesto Arxil atópase inmerso na planificación da próxima tempada. A primeira baixa confirmada polo conxunto pontevedrés é a da alero sueca Linnea Rosendal, que foi unha peza fundamental para Mayte Méndez durante a última campaña.

A xogadora disputou 21 partidos cunha media de 8 puntos e 25 minutos por encontro.

Desde a directiva do conxunto lerezano agradecen a achega ao equipo da xogadora nórdica para lograr a permanencia e deséxanlle sorte na súa carreira deportiva