O Arosa asegúrase a continuidade dun xogador da casa.
Luis Castro converteuse na quinta renovación do conxunto arlequinado para a próxima tempada, polo que seguirá no club no que se formou.
"Para min esta é a miña casa e estou moi contento de seguir aquí", afirmou o futbolista en declaracións ao club da Lomba.
"É moi importante darlle continuidade aos proxectos e iso é o que se está facendo. Hai unha boa base da tempada pasada", defende o lateral.
Castro disputou o curso recentemente finalizado 29 encontros, 28 deles como titular, achegando dous goles.
O novo futbolista é a sétima peza confirmada polo Arosa.
Súmase aos tamén renovados Samu Santos, Rivera, Javi Rey e Martín Diz e os fichados Edgar e o porteiro Chema.