Bo papel dos deportistas do Club de Loita Pontevedra desprazados a pasada fin de semana ao Torneo Internacional Henri Deglane celebrado na localidade francesa de Niza.
Tanto Lydia Pérez (-62 quilos) como Pablo García (-74 quilos) colaboraron no resultado da Selección Nacional, bronce na categoría feminina e quinta clasificada na masculina.
Tras esta cita, na que ambos os dous estreaban o seu calendario internacional esta tempada, Lydia Pérez desprazouse ata Mátraháza, Hungría. Alí permancerá concentrada coa Selección Española Sub-23 ata o día 17 de outubro.
Lydia é unha das cinco deportistas incluídas na concentración pola seleccionadora Aurora Fajardo, unha cita da que sairá o equipo que participará no Campionato do Mundo Sub-23 que terá lugar en Hungría.