Lydia Pérez cae nos oitavos de final do Preolímpico e di definitivamente adeus a Tokyo

Pontevedra
07 de maio 2021

A deportista pontevedresa despídese das súas opcións de estar o próximo verán nos Xogos Olímpicos tras caer no clasificatorio mundial contra a venezolana Nathaly Griman Herrera, e xa mira cara á cita de París 2024

Lydia Pérez, nos Xogos Europeos de Minsk
Lydia Pérez, nos Xogos Europeos de Minsk

Era un reto de máxima dificultade, e aínda que non o conseguiu pelexouno ata a súa última oportunidade.

Lydia Pérez Touriño non estará o próximo verán nos Xogos Olímpios de Tokyo, ao dicir adeus ás súas opcións no clasificatorio mundial que se está a disputar na capital búlgara, Sofía.

A pontevedresa acudía á cita con boas sensacións tras unha positiva imaxe no preolímpico continental de Budapest, pero en Bulgaria só se poñían en xogo dúas prazas para os Xogos, polo que había que chegar ata a gran final.

Non o conseguiu Lydia, ao caer nos oitavos de final fronte á venezolana Nathaly Griman Herrera de maneira clara (11-0) e non podendo avanzar ata as roldas finais.

A pesar da decepción, a deportista do Club de Loita Pontevedra acumula unha valiosa experiencia, que a recado lle servirá na nova meta que aparece no horizonte, París 2024. Porque quen a segue, conséguea.