O Club de Loita Pontevedra estivo representado por Lydia Pérez e Nadya Zholtikova nunha concentración nacional celebrada en Madrid.
Esta concentración, que se desenvolveu entre o 9 e o 19 de febreiro, reuniu ás mellores deportistas do país co obxectivo de preparalas para os seus próximos compromisos tanto a nivel nacional como internacional.
Lydia Pérez ten por diante un exixente calendario. Entre os campionatos nos que participará destacan a Copa da Raíña Iberdrola (28 de febreiro) e el Torneo Internacional Dan Kolov (26-29 de marzo).
De cara ao Campionato de Europa que disputará en Madrid entre o 20 e o 26 de abril, Lydia enlazará unha concentración internacional en Alemaña coa preparación específica para o Europeo na propia capital de España.
Todo iso farao nas dúas semanas previas á competición.
No caso de Nadya Zholtikova, a súa concentración nacional serviulle para preparar o inminente Campionato de España Sub20. O evento disputarase en Madrid o 15 de marzo
CONCENTRACIÓNS NO CGTD
Pontevedra tamén foi sede doutras dúas concentracións de cara a este Campionato de España. O CGTD acolleu esta fin de semana a concentración de loitas olímpicas na categoría sub20 e sénior.
Neste caso, a cita serviu para definir aos deportistas que representarán a Galicia na competición nacional do próximo mes de marzo.