Non puido ser. A pontevedresa Lydia Pérez Touriño quedou ás portas da medalla de bronce nos Xogos Mediterráneos.
A deportista do Club de Loita Pontevedra caeu contra a italiana Sara da Col na loita polo terceiro posto da categoría de 62 quilogramos. Fíxoo por un axustado 5-4.
O camiño de Lydia Pérez cara á loita polas medallas non foi fácil. Perdeu o seu primeiro combate ante a turca Elif Yesilirmak por 5-0.
Con todo, a pontevedresa repúxose e, no seu segundo duelo, pasou por encima da francesa Sonia Baudin, á que derrotou por 11-0.
A remontada truncábase, con todo, coa derrota en semifinais ante a tunisiana Marwa Amri. A galega caía por 4-0.