Manu Cossío lamenta a derrota na final da Supercopa: "Hemos estado mejor que en la final de la Copa de la Reina"

Poio
09 de xaneiro 2021

Ségueselle resistindo o primeiro título nacional ao Poio Pescamar, que caeu este sábado ante o Pescados Rubén Burela na final da Supercopa de España por 2 goles a 0 celebrada en Vista Alegre. A pesar diso, Manu Cossío destacou o papel realizado polas súas xogadoras na rolda de prensa posterior ao encontro

Rolda de prensa de Manu Cossío trala final da Supercopa de España
Rolda de prensa de Manu Cossío trala final da Supercopa de España / RFEF

Ségueselle resistindo o primeiro título nacional ao Poio Pescamar, que caeu este sábado ante o Pescados Rubén Burela na final da Supercopa de España por 2 goles a 0 celebrada en Vista Alegre. A pesar diso, Manu Cossío destacou o papel realizado polas súas xogadoras na rolda de prensa posterior ao encontro.

"Hemos estado mejor que en la final de Copa de la Reina de Málaga", sinalou o técnico vermello. "En la primera parte tuvimos situaciones de peligro donde pudimos hacer un gol que habría cambiado el partido si nos ponemos por delante en el marcador", lamentou.

O técnico analizou os fallos do partido para portería e os erros en defensa que "nos han penalizado", recoñecendo que ao equipo "le faltó energía para seguir recuperando balones en la presión" na segunda metade cando xa ían 2-0. Aínda que cambiaron ao xogo de cinco para catro nos minutos finais para meterse de novo no partido, Cossío lamenta a falta de acerto, "generamos alguna ocasión pero no nos ha entrado".

Contento co seu xogo, o adestrador do Poio comparou a falta de experiencia das súas nas finais fronte á experiencia dun Burela que "está acostumbrado a jugar este tipo de partidos". Aínda así, o seu obxectivo é "seguir trabajando y hacer crecer al club para llegar a este tipo de partidos y compromisos inmediatos".

Por último, na rolda de prensa ao técnico preguntáronlle polo cambio na portería debido a que no primeiro acto xogou Silvia Aguete e na segundo Caridad, ao que Cossío admitiu que o cambio estaba falado independentemente do resultado e recoñeceu que "tenemos dos grandísimas porteras, la mejor portería del mundo".