Os contagios por covid seguen incrementándose no persoal do Poio Pescamar. O que nun principio eran tres casos, confirmados o pasado martes despois das probas de antígenos e as posteriores PCR, os novos test realizados ao persoal e corpo técnico revelaron que o brote aumentou.
Aínda que o presidente do club vermello, Juanjo García, non confirmou unha cifra exacta, si que admitiu o que xa se sabía: todo o persoal mantense confinada nos seus respectivos domicilios ata que Sanidade notifique o contrario.
A boa noticia é que as xogadoras confirmadas atópanse en bo estado de saúde e están a adestrar nas súas casas, igual que o resto do grupo. "Estamos a mil", lamenta o presidente. Como as xogadoras non poden saír das súas casas, están a aproveitar esta fin de semana para levarlles bicicletas, balóns e material de ximnasio para seguir coas rutina e non perder a forma física. "Estamos llevándolo a los pisos porque por suerte se encuentra bien todo el mundo", recoñece.
Están a ser uns días duros para o club rojillo, que se viu obrigado a solicitar o aprazamento do encontro ante o Leganés que tiña que celebrarse este sábado no pavillón da Seca. Agora, terá que esperar ao luns para facer o propio co partido ante o Roldán que debería celebrarse o 23 de xaneiro en Murcia.