Marcio Santos regresa ao Poio Pescamar

Poio
19 de xullo 2016

O técnico brasileiro, co que o equipo vermello ascendeu á máxima categoría, será o substituto de Jorge Basanta no banco da Seca. Chegará a Poio o 27 de xullo e o día 1 comezará a pretempada

Marcio Santos (dereita) durante a súa primeira etapa no Poio Pescamar Diego Torrado

O Poio Pescamar moveuse con rapidez para pechar a contratación do seu novo adestrador, tras a saída de Jorge Basanta por motivos persoais.

Fíxoo ademais acordándose dun vello coñecido, o brasileiro Marcio Santos, que asumirá o mando do equipo no que será a súa segunda etapa no banco da Seca.

Marcio deixou un grande recordo na súa etapa no Poio Pescamar, sendo o responsable técnico do ascenso á máxima categoría en 2013 e logrando a permanencia un ano despois no seu primeiro ano na elite.

Está previsto que o adestrador brasileiro chegue a Poio o próximo 27 de agosto para poñerse á fronte da pretempada vermella, que arrincará o próximo 1 de agosto.