Marga Moreira firma unha tempada máis co Arxil

Pontevedra
13 de xullo 2019

Ademais da súa gran aportación no plano defensivo do primeiro equipo, a xogadora procedente do Lugo tamén volveuse indispensable na base do club ao adestrar aos máis pequenos

Partido entre Arxil e Ardoi no CGTD Diego Torrado

A plantilla do Arxil xa vai tomando forma. Marga Moreira asinou, na mañá deste sábado, a renovación por un ano máis no primeiro equipo do club pontevedrés, alongando a súa actividade no mesmo, que comezou o pasado verán.

Moreira chegou a Pontevedra procedente do Lugo. A partir de aí, durante a última tempada, foi a quinta arxilista que máis minutos xogou, sendo máis de 480, e logrando un 43% de puntos de dous, un 68% de tiros libres, un 66% de rebotes, un total de 70 puntos e unha valoración de 78. Ademais, de formar parte do primeiro equipo, tamén se fixo cargo do adestramento dos máis pequenos do club, polo que a xogadora converteuse nunha peza fundamental para a escuadra pontevedresa.

Moreira súmase a Aldara Vázquez (base), María Lago, Linnea Rosendal (beirados), Cristina Díaz-Pache e Heather Forster para facer fronte á próxima tempada en Liga Feminina 2.