María Lago, oito tempadas no Arxil e a piques de comezar a novena

Pontevedra
29 de xuño 2019

A xogadora porriñesa é unha das máis decisivas para o equipo pontevedrés, tendo conseguido unha puntuación de máis de seis na pasada tempada

Partido entre o Arxil e o Rioja ISB no CGTD de Pontevedra
Partido entre o Arxil e o Rioja ISB no CGTD de Pontevedra / Diego Torrado

O Arxil continúa atando cabos para disputar a próxima tempada en Liga Feminina 2. Despois de varias baixas, como a de Arantxa Mallou ou Gala Mestres, o club pontevedrés aposta por renovar a unha das súas xogadoras máis veteranas. María Lago continuará, polo menos un ano máis, nas filas da entidade, comezando, así, a súa novena tempada formando parte da mesma.

A porriñesa sumou unha media de 8'3 puntos, 3'9 rebotes, 2'9 asistencias e 4,4 roubos por partido, converténdose, desta maneira, na segunda mellor xogadora da categoría no curso 2018/19, no que a roubos de balón se refire. Alcanzou, ademais, unha valoración de 6'2 puntos.

Despois de asinar a súa permanencia, asegurou que "antes de tratarme como xogadora, sempre me antepuxeron como persoa, algo que me atrevería a dicir que ocorre en moi poucos clubes", polo que non dubidou á hora de escoller, de novo, o equipo arxilista. En canto o próximo curso, Lago confesa que "non se que nos deparará. Só pido ganas e actitude para todas. Se conseguimos estar a unha, estou segura de que todo o bo virá só".

A decisión de María Lago de continuar nas filas do Arxil súmase á incorporación da pivote sueca, Linnea Rosendal, polo que a plantilla dirixida por Mayte Méndez, que aposta por manter boa parte do bloque do pasado ano, comeza a tomar forma.