Marín Futsal e Poio Pescamar queren despedir o ano con bo sabor de boca

Marín
17 de decembro 2021

Marín Futsal e Poio Pescamar afrontarán esta fin de semana a que será a última xornada do ano. Na casa xoga o equipo adestrado por Raúl Jiménez, que se citará este sábado na Raña (17:00 horas) ante o recentemente ascendido Atlético Torcal. As vermellas, en cambio, viaxarán a Llobregat para medirse ás 16:00 horas ao Penya Esplugues

Partido de liga entre Marín Futsal e Poio Pescamar na Raña Mónica Patxot

Marín Futsal e Poio Pescamar afrontarán esta fin de semana a que será a última xornada do ano. 

Na casa xoga o equipo adestrado por Raúl Jiménez, que se citará este sábado na Raña (17:00 horas) ante o recentemente ascendido Atlético Torcal, penúltimo clasificado con cinco puntos.

As marinenses afrontan a cita, marcada en vermello polo técnico, "coas mellores perspectivas" xa que conseguir un triunfo supoñería colocarse con 19 puntos antes de que termine a primeira volta, o que sería "un baremo impresionante e un colchón máis que apreciable para o 2022".

Así mesmo, Café, máxima anotadora do equipo, asegura que o partido "vai ser moi complicado, é un equipo que xoga moi ben e que ten xogadoras novas con moita calidade e atrevidas".

Raúl Jiménez poderá contar con Silvia Aguete e Antía como porteiras, Ceci, Café, Pau, Lu, Maria León, Mar Fernández, Gaby, Daniele Fleitas, Adriana e Inés Mayan. 

O cadro conserveiro, en cambio, chega tocado animicamente á cita en Llobregat, onde se enfrontará este sábado ao Penya Esplugues (16:00 horas), antepenúltimo clasificado con nove puntos na súa marcadora.

Despois de perder no derbi en casa no derbi contra o Ourense Envialia, o Poio Pescamar (sétimo clasificado con 15 puntos), buscará reencontrarse coa vitoria ante un rival "que sempre nos xera problemas" e que "na súa pista faise moi forte", analiza a xogadora vermella, Anna Escribano.

Un triunfo esta fin de semana sería vital para o equipo adestrado por Manu Cossío e así recuperar o ánimo para a volta do parón do Nadal.